Política de Privacidade
AUZO LAGUN, S.COOP (en diante, “AUSOLAN”) é unha cooperativa con domicilio na Avenida Uribarri, 35, 20500, Arrasate-Mondragón (Guipúscoa), con C.I.F. F-20032553 e está inscrita no Rexistro de Cooperativas de Euskadi no Folio 23, Asento 4, Número 1361.
1. Finalidade
Mediante o uso deste Sitio Web e/ou ao comunicarse de forma electrónica con AUSOLAN, poderanse recoller e tratar os datos persoais de cada Usuario. O tratamento dos datos persoais réxese por esta Política de Privacidade. Todos os termos que se inclúen nesta Política de Privacidade terán o significado que se establece nas Condicións de Uso (que se poden consultar nesta ligazón), excepto no caso de que se definan expresamente nesta Política de Privacidade.
Neste documento atopará información para o seu interese en relación a como AUSOLAN trata os seus datos persoais e os dereitos que posúe en virtude da normativa vixente en materia de protección de datos.
2. Responsable do tratamento
O responsable do tratamento dos datos persoais que o Usuario facilite mediante o Sitio Web é AUSOLAN, con domicilio social para estes efectos en Avenida Uribarri, 35, 20500, Arrasate-Mondragón (España). O Usuario pode contactar co delegado de protección de datos de AUSOLAN mediante as seguintes canles:
- De forma presencial ou por correo postal dirixido á sede central, cuxo enderezo se mencionou antes.
- Mediante o seguinte enderezo de correo electrónico: lopd@ausolan.com.
3. Datos que se recollen
O tipo de datos persoais que recollemos e tratamos dos Usuarios no Sitio Web son os seguintes:
- Enderezo IP, Rastros e similares. O enderezo IP é un código que identifica a conexión a Internet do Usuario nun momento concreto, e os Rastros son ficheiros que se descargan no navegador do Usuario e que poden lerse despois polo sitio web.
Con todo, non se pode determinar a identidade do Usuario con estes datos, excepto se proporciona información adicional mediante outros medios. Pode consultar máis información na nosa Política de Rastros.
- Subscrición aos nosos boletíns e/ou publicacións. Os datos que recollemos serán os datos de identificación necesarios para entregarlle o contido ao que se subscribiu.
- Inscrición dos candidatos nun posto de traballo. Os datos que recollemos serán os datos de identificación necesarios para o proceso de selección e contratación.
4. Finalidades do tratamento
Informámoslle que os datos que nos facilite por calquera medio (páxina web, correo electrónico, formularios e/ou calquera outro documento) incorporaranse a un ficheiro propiedade de AUSOLAN.
AUSOLAN tratará a información que faciliten as persoas interesadas para as seguintes finalidades:
- Xestionar calquera tipo de solicitude, suxestión ou petición sobre os nosos servizos profesionais que realicen as persoas interesadas.
- Prestación de servizos: os datos que facilita ao rexistrarse cos seus datos mediante calquera dos sitios web e plataformas vinculadas a AUSOLAN ou mediante calquera formulario de alta como comensal, trataranse coa finalidade de ofrecerlle o servizo que solicitou e, de ser o caso, realizar a facturación. Os datos que se recollen e tratan son os exclusivos para a súa identificación nos nosos sistemas.
- Comunicacións comerciais: tratamento dos seus datos coa finalidade de informarlle sobre actividades, artigos de interese e información xeral acerca dos nosos servizos por correo electrónico. As persoas interesadas poderán darse de baixa destas comunicacións no seguinte enderezo de correo electrónico: ausolan@ausolan.com.
- Xestionar os datos que proporcionen os candidatos a un posto de traballo mediante o Currículum Vítae (CV) no formulario da sección “Traballa connosco”, para os efectos do proceso de selección e contratación. Vostede autoriza de forma expresa a AUSOLAN para que realice o tratamento dos seus datos coa finalidade que se indica. AUSOLAN tratará os seus datos e a información que proporcione para os procesos de selección coa máis estrita confidencialidade, adoptando para este fin as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración e/ou acceso non autorizado. Da mesma forma, informámoslle de que AUSOLAN poderá manter o seu Currículum Vítae durante un prazo máximo dun ano. Ao rematar este prazo, destruirase automaticamente, cumprindo co principio de calidade dos datos.
5. Lexitimación e conservación
A lexitimación para o tratamento do enderezo IP é a necesidade de permitir a conexión co Sitio Web mediante Internet. O interese lexítimo de AUSOLAN é manter a relación existente co Usuario e enviar información das actividades da sociedade. A base xurídica na que se basea este tratamento é a relación contractual ou a propia oferta de servizos e o interese lexítimo para a mercadotecnia.
A base legal para o tratamento dos datos é o consentimento das persoas interesadas para o tratamento e xestión de calquera solicitude de información ou consulta sobre os nosos servizos profesionais, así como para as comunicacións comerciais que envíe AUSOLAN.
AUSOLAN recollerá e tratará os seus datos mentres a relación siga vixente e, de ser o caso, mentres o Usuario non revogue o consentimento que deu para o tratamento dos seus datos. En todo caso, cando os datos persoais xa non sexan necesarios para a finalidade para a que se recolleron e mentres existan responsabilidades legais ou contractuais que requiran mantelos, conservaranse de forma bloqueada ata que se cancelen de xeito definitivo.
No caso de que se traten datos para enviar comunicacións, poderanse manter mentres o Usuario non se opoña a recibir as estas comunicacións por ningún dos medios que se poñen á súa disposición.
6. Comunicación e transferencia de datos
AUSOLAN non comunicará estes datos a terceiros, excepto cando sexa estritamente necesario para xestionar e manter a relación con AUSOLAN ou se vostede o autoriza con anterioridade. En particular, só terán acceso aos datos persoais os terceiros cos que AUSOLAN teña unha obriga contractual ou legal. Non se consideran terceiros as empresas e entidades que pertencen ao Grupo AUSOLAN, nos termos que se indican no artigo 42 do Código de Comercio.
Tampouco se prevén transferencias de datos persoais fóra de España ou Europa para os tratamentos que se definen. Pódense realizar comunicacións de datos ás administracións públicas para cumprir coas obrigas legais de cada tratamento.
7. Dereitos
Os Usuarios teñen dereito a exercer en calquera momento, nos termos que establece a lexislación vixente, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión dos datos, solicitar que se limite o tratamento, opoñerse a el, solicitar a portabilidade dos seus datos, así como revogar o consentimento que prestaron, ao dirixirse por escrito ao enderezo que se menciona ao comezo deste documento ou ao enderezo de correo electrónico lopd@ausolan.com, indicando claramente o dereito que desexa exercer e incluíndo o Documento Nacional de Identidade ou un documento de identificación similar que acredite a súa identidade. Da mesma forma, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ou a autoridade de protección de datos competente.
No caso de que os Usuarios nos entreguen datos persoais de terceiros, o Usuario garante que os informou antes de incluílos dos extremos que contén esta Política de Privacidade, respondendo persoalmente ante AUSOLAN dos danos e perdas que poidan derivarse en caso de contravención.
O Usuario comprométese a notificar calquera cambio ou modificación dos datos persoais que facilite. Calquera perda ou dano que se provoque ao Sitio Web, a AUSOLAN ou a calquera terceiro pola comunicación de información errónea, inexacta ou incompleta só será responsabilidade do Usuario.
8. Actualización da Política de Privacidade
Esta Política de Seguridade entra en vigor o 21/03/2024. Pode que se deba actualizar esta Política de Privacidade, polo que é necesario que a revise periodicamente e, de ser posible, cada vez que acceda ao Sitio Web para ter información adecuada sobre o tipo de información que se recompila e o seu tratamento. Pode atopar a Política de Privacidade no pé de páxina do Sitio Web.