Xuntos no teu día a día
Somos líderes en servizos de restauración e limpeza a colectividades con máis de 55 anos de experiencia
Somos líderes en servizos de restauración e limpeza a colectividades con máis de 55 anos de experiencia
Ausolan é entender e atender, é coidar, é garantir o benestar das persoas. Queremos facer que te sintas ben e para que te poidas centrar na túa actividade diaria, coa tranquilidade de escoller ao socio perfecto, o que mellor combina capacidade e enfoque humano.
Non só limpamos con profesionalidade e preparamos con orgullo os máis de 260 000 menús que servimos cada día. Tamén somos os que estaremos contigo para axudarte en todo o que necesites. Podes ter claro que sempre estaremos preto de ti.
Traballamos todos os días para ofrecer unha proposta de menús equilibrados e saudables tendo en conta as necesidades dos nosos clientes. Porque comer dunha forma máis sa e sostible é posible.
Ofrecemos solucións integrais de limpeza e de alta calidade adaptadas ás necesidades reais de cada cliente. Os nosos servizos, coidados ao detalle, fomentan o benestar das persoas usuarias e proporcionan ambientes limpos, ordenados e seguros.
Somos Ausolan, un grupo empresarial con capital 100 % nacional, líder en servizos de restauración e limpeza integral para colectividades. Achegamos valor aos nosos clientes mediante a xestión de servizos de restauración e limpeza, construíndo relacións duradeiras baseadas na confianza que xera a nosa profesionalidade e o cumprimento dos compromisos que adquirimos.
+250M €
Facturación
+2.300
Clientes
+11.000
Persoas
En cada paso, guíasnos, condúcesnos, modélasnos; porque asumimos os teus retos como nosos e adaptamos a nosa oferta á túa estratexia, aos teus obxectivos e ao teu espazo. Tendo en conta cada detalle, ofrecemos un plan personalizado para superar as túas expectativas, engadimos servizos que achegan valor e sempre pensamos na túa satisfacción.
Impórtannos moito as persoas e os espazos que habitan. É esta implicación sincera a que nos diferencia e nos fai ser únicos nun sector onde o impersoal adoita antepoñerse ao persoal, onde ás veces non se chega a ver a persoa que está detrás do cliente, detrás do espazo, detrás do menú.
Practicamos unha xestión diferente dirixida ás máis de 11 000 persoas que formamos parte do proxecto Ausolan. Desenvolvemos de forma regular programas de formación, motivación e liderado que contribúen a reforzar un dos nosos principais valores: a implicación e o compromiso das persoas coa calidade do servizo e a mellora continua.